lunes, 12 de abril de 2010

Zapatero asegura que España baixará déficit "ao coste que sexa"

O presidente do Goberno di que hai que aumentar a productividade pero sen desprotexer aos desempleados.

O presidente do Goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, declarou ao diario británico Financial Times que España cumplirá os seus compromisos de reducción do déficit presupuestario "ao coste que sexa" e que "non baixará a segunda división das nacións". Zapatero, nunha entrevista que o diario británico publica hoxe, asegura que cumplirá co plan de austeridade posto en marcha este ano polo seu Goberno, pero que si e necesario introducirá medidas mais duras para sacar a España da recesión. "Temos un plan creíble, veamos cómo se aplica este ano e se estamos en línea cos obxetivos trazados, pero, dende logo, si temos que facer mais cortes e se é necesaria mais austeridade, faremolo", afirma o xefe do Executivo español.

As medidas, xa postas en marcha, incluen reducir o gasto público en todas as administracións (central, rexional e local), case conxelación na contratación de empleados públicos e subidas de impostos, entre outras medidas xa coñecidas. Sen embargo, Zapatero, matiza que España ten que facer un gran esforzo para protexer aos desempleados e ao mesmo tempo "aumentar a producción e a actividade económica tanto como se poda" para a salida da recesión, que na sua opinión está cercana.

http://www.elpais.com/economia/

No hay comentarios:

Publicar un comentario