lunes, 19 de abril de 2010

As cinzas volcánicas retrasan o rescate financieiro de Grecia

Atenas.- A visita de expertos da Unión Europea (UE), do Banco Central Europeo (BCE) e do Fondo Monetario Internacional (FMI) prevista a Atenas para este luns foi aprazada, polo de agora, hata o mércores debido a restricción do tráfico aéreo pola nube de cinzas volcánicas islandesas.

Esta visita era un paso previo a que se activara o mecanismo de rescate disposto pola eurozona e o FMI para axudar ao país a superar a sua crise de deuda pública.

O Ministerio de Finanzas grego afirmou que "debido as dificultades no espacio aéreo internacional e a cancelación de voos, o inicio das consultas entre o Goberno grego e a UE, o BCE e o FMI aplazanse algúns días".

A nova fecha para esas consultas posponse ao mércores 21 de abril, "se as circunstancias o permiten", segúndo un comunicado.

As autoridades gregas precisaron que as consultas son para ver "un programa de medidas económicas de tres anos, basadas nas decisións asumidas no Ecofin en febreiro, que pode ser apoiado con axuda económica polos países membros do Eurogrupo e do FMI se as autoridades gregas deciden poñer en marcha o mecanismo".

Grecia está próxima a pedir axuda exterior para pagar a sua deveda despois de que os mercados non responderan satisfactoriamente ao programa de aforro fiscal de 4.800 millóns de euros para 2010 e a meta de rebaixar o déficit público en catro puntos hata o 8,7% do Producto Interno Bruto (PIB) hasta finais de ano.

O tipo de interés dos bonos gregos a 10 anos, de máis do 7%, é mui superior ao alemán, polo que Grecia ten uns costes de financiación muito máis elevados para pagar a sua deveda, cuxo vencemento ata final deste ano é de 32.000 millóns de euros.

O mecanismo de axuda a Grecia comprende 30.000 millóns de euros que otorgarían os membros da Eurozona e outros 15.000 millóns concedería o FMI.

http://www.elmundo.es/mundodinero/2010/04/19/economia/1271661365.html


No hay comentarios:

Publicar un comentario