lunes, 26 de abril de 2010

A axuda a Grecia

Como anteriormente xa colguei unha noticia no blog sobre o problema da crise de Grecia seguirei falando diso. Na miña opinión a Unión Europea non está no seu mellor momento na economía como para aportarlle cartos a Grecia para saír do seu problema, aínda que por outra parte non me parece mal xa que se España estivera no seu lugar, os demais paises estarían "na obriga" de axudarlle a superar o seu problema.
Penso que Grecia debería buscar algún tipo de solución para poder saír da crise sen ter que aceptar tantos cartos que despois dun tempo, ainda que recupere o seu nivel económico, quizais non poida devolver a cantidade que lle prestaron, asi que debería buscar solucións para comenzar a
saír do endevedamento no que actualmente está.

Mais información : http://www.galiciae.com/nova/48161.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario