A primeira reunion sobre a posible reunion de caixas calificaes de positiva.
Directivos das caixas de aforro galegas participaron hoxe de forma «positiva» na primeira reunión oficial do proceso de negociación que iniciaron para abordar unha posible fusión entre ambas e que acordaron «continuar nos próximos días».
Caixa Galicia e Caixanova informaron en senllos e concisos comunicados do desenvolvemento do encontro, que se celebrou esta mañá en Santiago, nun «clima de cordialidade», para analizar a posibilidade de «desenvolver un proxecto común».
Fuentes de Caixa Galicia explicaron a Efe antes da reunión que o obxectivo destas citas é abordar unha fusión «equilibrada e paritaria» que desemboque nunha «caixa forte e solvente».
A pasada semana producíronse contactos informais para definir as comisións a constituír e o programa de traballo, unha vez que Caixanova autorizou formalmente á súa dirección a iniciar as negociacións con Caixa Galicia, que ratificara con anterioridade esta decisión.
lunes, 12 de abril de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario